martes, 24 de noviembre de 2009

Folga nas instalacións deportivas da Provincia


Os vindeiros xoves, sábado e luns día 26, 28 e 30 de novembro os traballadores e traballadoras das instalacións deportivas de toda Galicia estan convocados a unha folga para reclamar melloras salariais e mellores condicións de traballo. Esta movilización convocase despois de 2 anos de negociacións e dunha postura por parte da patronal de total intransixencia diante das diferentes formulas para acadar acordo pola parte social. O persoal das instalacións deportivas esta composto maioritariamente por traballadores e traballadoras con titulación Universitaria e as súas retribucións esta por debaixo dos 800 euros, e se solicita que se poida chegar nun prazo razonable ata os 1000 euros aproximadamente. Tamén se solicita unha reducción da xornada anual e que a IT en caso de accidente sexa do 100% dende o primeiro día.

Galicia precisa novos xulgados específicos en violencia de xénero e mellorar os existentes





23-11-2009.- O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) presentou esta mañá o documento «Análise dos equipamentos e recursos de atención á violencia de xénero en Galicia». A presentación forma parte dos actos organizados para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

viernes, 13 de noviembre de 2009

Primeira reunión do proceso de diálogo social en Galicia


Onte tivo lugar a primeira reunión do proceso de diálogo social en Galicia. Ao encontro, que tivo lugar na sede central da Consellaría de Traballo, en Santiago de Compostela, asistiron representantes de Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CEG, así como os directores xerais de Promoción do Emprego, Relacións Laborais e a directora xeral de Formación e Colocación.

A xuntanza concluíu co acordo de elaborar un documento que sirva como base da negociación, que incluirá unha diagnose da situación actual, determinará os obxectivos xerais do proceso —ligando co diálogo social anterior e describindo os acordos acadados—, fixará as normas de procedemento e a articulación do mesmo.

Dita articulación fase ao redor das seguintes mesas: emprego e relacións laborais, competitividade e innovación, infraestruturas e desenvolvemento sostible, políticas de benestar e cohesión social e unha mesa de coordinación, unha mesa xeral ou institucional e finalmente mesas sectoriais que xa viñan funcionando do proceso anterior.

CCOO consegue que o tempo de descanso semanal pase de 36 a 48 horas no sector da atención á dependencia


A Sala do Social da Audiencia Nacional estimou a demanda de conflito colectivo interposta pola Federación estatal de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO para que no ámbito de aplicación do V Convenio Colectivo de Atención á Dependencia se goce de maneira real e independente o descanso semanal (36 horas ininterrompidas) e o diario (12 horas).