viernes, 13 de noviembre de 2009

Primeira reunión do proceso de diálogo social en Galicia


Onte tivo lugar a primeira reunión do proceso de diálogo social en Galicia. Ao encontro, que tivo lugar na sede central da Consellaría de Traballo, en Santiago de Compostela, asistiron representantes de Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CEG, así como os directores xerais de Promoción do Emprego, Relacións Laborais e a directora xeral de Formación e Colocación.

A xuntanza concluíu co acordo de elaborar un documento que sirva como base da negociación, que incluirá unha diagnose da situación actual, determinará os obxectivos xerais do proceso —ligando co diálogo social anterior e describindo os acordos acadados—, fixará as normas de procedemento e a articulación do mesmo.

Dita articulación fase ao redor das seguintes mesas: emprego e relacións laborais, competitividade e innovación, infraestruturas e desenvolvemento sostible, políticas de benestar e cohesión social e unha mesa de coordinación, unha mesa xeral ou institucional e finalmente mesas sectoriais que xa viñan funcionando do proceso anterior.