miércoles, 9 de diciembre de 2009

Nova convocatoria de Folga nas Instalacións Deportivas


UGT, CCOO e CIG denuncian a irresponsabilidade e
intransixencia da patronal que vai deixar sen servizo a máis de
100.000 usuarios en toda Galicia
Os traballadores das instalacións deportivas de toda
Galicia iniciarán un calendario mobilizador o 19 de
decembro que se convertirá en folga indefinida a partir
do 1 de febreiro se non se chega a un acordo antes
O único que demandan os traballadores do sector, despois de
dous anos de conflito, e chegar a cobrar 1.000 euros no 2011
Santiago, 4 de decembro de 2009. UGT, CCOO e CIG veñen de facer público o novo
calendario de mobilizacións nas instalacións deportivas de toda Galicia co fin de
denunciar a intransixencia dunha patronal que, despois de dous anos de conflito, non
é capaz de sentarse a pechar un convenio colectivo de ámbito galego que homologue
as condicións laborais de preto de 3.000 traballadores, dignifique os seus salarios e
garanta unha xornada de traballo que permita conciliar a vida laboral e a persoal. Pola
contra, as patronais do sector abocan aos traballadores a unha folga que deixará sen
servizo a máis de 100.000 usuarios en toda Galicia (150 instalacións).
Concretamente, as xornadas de folga están programadas en tres fases. A primeira comeza o
19 de decembro e ata o día 22, ambos inclusive. A segunda, o 16 de xaneiro e ata o 20,
tamén ambos inclusive. E a terceira sería xa unha folga indefinida a partir do día 1 de
febreiro se non se pecha un acordo antes coa patronal.
Tanto UGT, como CCOO e CIG, destacan o éxito da anterior convocatoria de folga, os días
26, 28 e 30 de novembro, que superou con creces as expectativas dos tres sindicatos,
trancorreu con total normalidade e obtivo un seguimento do 90 por cento dos traballadores. É
evidente, que os traballadores están aí, queren demandar os seus dereitos e están dispostos
a seguir loitando contra a actitude inmobilista e intransixente da patronal.
Os responsables dos tres sindicatos explicaron que, en realidade, as portas da negociación
do convenio de ámbito galego xa se abriron hai meses co inicio dunha mesa de negociación
no Consello Galego de Relacións Laborais, aínda que a patronal amosou unha total desidia e
desprezo, tanto cara os traballadores como cara á propia institución do Consello, porque
paralizou este proceso no mes de maio cunha última xuntanza á que nin sequera mandaron
representantes das patronais do sector, senón a dous avogados.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Xornada de folga no Comercio de Alimentación


Folga nos supermercados de Pontevedra.
O derradeiro venres 27 de novembro os traballadores do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra tiveron unha xornada de folga para reclamar unha mellora no Convenio Colectivo Provincial. A folga foi convocada polas tres centrales sindicais e a participación dos traballadores foi moi importante. Por primeira vez a presencia masiva de traballadores do sector foi determinante para ó exito da mesma, que comenzou moi temprano pois dende as 5.30 horas traballadores se apostaron diante do centro de distribución que FROIZ ten en Lourido e logrou paralizar a actividade e a saida de camións que non poideron facer a distribución dos productos, cabe mencionar que a maioria dos traballadores deste centro a escepción dos administrativos secundaron a folga e foi determinante para o exito da mesma.
A continuación e despois de celebrar unha asemblea informativa nos locais dos sindicatos os traballadores decidiron facer unha marcha pola cidade para invitar ós traballadores que estaban nos centros a secundar a folga logrando conquerir que a practica totalidade dos mesmos o fixeran, cabe mencionar o bo comportamento dos traballadores que en todo momento mostraron unha actitude pacifica e non tivemos que destacar ningun altercado.
Logrouse paralizar a actividade na maioria dos centros de FROIZ, MOLDES e LIDL na cidade que son os que afecta a negociación do convenio paralizado pola intranxisencia da patronal para negociar un incremento salaria que poida ser asumido pola parte social, a partir do día 9 de decembro esta convocada folga de xeito indefinido.

Folga nas Instalacións Deportivas


Os traballadores das instalacións deportivas en folga.
Os traballadores das instalacións deportivas da comarca de Pontevedra secundaron de xeito maioritario a folga convocada para os días 26, 28 e 30 de novembro, o apoio foi total xa que as tres instalacións mais importantes non abriron as súas portas e polo tanto os usuarios non poideron facer uso das instalacións.
Estes centros ( na foto a piscina de Rias do Sur en Ponte Muiños) son concesións dos concellos e os traballadores estan en folga para reclamar unhas condicións de traballo dignas e un salario que acade os 1.000€ no periodo de catro anos xa que na actualidade rondan os 750€ para uns traballadores que na súa maior parte poseen titulación superior.

martes, 24 de noviembre de 2009

Folga nas instalacións deportivas da Provincia


Os vindeiros xoves, sábado e luns día 26, 28 e 30 de novembro os traballadores e traballadoras das instalacións deportivas de toda Galicia estan convocados a unha folga para reclamar melloras salariais e mellores condicións de traballo. Esta movilización convocase despois de 2 anos de negociacións e dunha postura por parte da patronal de total intransixencia diante das diferentes formulas para acadar acordo pola parte social. O persoal das instalacións deportivas esta composto maioritariamente por traballadores e traballadoras con titulación Universitaria e as súas retribucións esta por debaixo dos 800 euros, e se solicita que se poida chegar nun prazo razonable ata os 1000 euros aproximadamente. Tamén se solicita unha reducción da xornada anual e que a IT en caso de accidente sexa do 100% dende o primeiro día.

Galicia precisa novos xulgados específicos en violencia de xénero e mellorar os existentes





23-11-2009.- O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) presentou esta mañá o documento «Análise dos equipamentos e recursos de atención á violencia de xénero en Galicia». A presentación forma parte dos actos organizados para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

viernes, 13 de noviembre de 2009

Primeira reunión do proceso de diálogo social en Galicia


Onte tivo lugar a primeira reunión do proceso de diálogo social en Galicia. Ao encontro, que tivo lugar na sede central da Consellaría de Traballo, en Santiago de Compostela, asistiron representantes de Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CEG, así como os directores xerais de Promoción do Emprego, Relacións Laborais e a directora xeral de Formación e Colocación.

A xuntanza concluíu co acordo de elaborar un documento que sirva como base da negociación, que incluirá unha diagnose da situación actual, determinará os obxectivos xerais do proceso —ligando co diálogo social anterior e describindo os acordos acadados—, fixará as normas de procedemento e a articulación do mesmo.

Dita articulación fase ao redor das seguintes mesas: emprego e relacións laborais, competitividade e innovación, infraestruturas e desenvolvemento sostible, políticas de benestar e cohesión social e unha mesa de coordinación, unha mesa xeral ou institucional e finalmente mesas sectoriais que xa viñan funcionando do proceso anterior.

CCOO consegue que o tempo de descanso semanal pase de 36 a 48 horas no sector da atención á dependencia


A Sala do Social da Audiencia Nacional estimou a demanda de conflito colectivo interposta pola Federación estatal de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO para que no ámbito de aplicación do V Convenio Colectivo de Atención á Dependencia se goce de maneira real e independente o descanso semanal (36 horas ininterrompidas) e o diario (12 horas).