martes, 24 de noviembre de 2009

Folga nas instalacións deportivas da Provincia


Os vindeiros xoves, sábado e luns día 26, 28 e 30 de novembro os traballadores e traballadoras das instalacións deportivas de toda Galicia estan convocados a unha folga para reclamar melloras salariais e mellores condicións de traballo. Esta movilización convocase despois de 2 anos de negociacións e dunha postura por parte da patronal de total intransixencia diante das diferentes formulas para acadar acordo pola parte social. O persoal das instalacións deportivas esta composto maioritariamente por traballadores e traballadoras con titulación Universitaria e as súas retribucións esta por debaixo dos 800 euros, e se solicita que se poida chegar nun prazo razonable ata os 1000 euros aproximadamente. Tamén se solicita unha reducción da xornada anual e que a IT en caso de accidente sexa do 100% dende o primeiro día.

Galicia precisa novos xulgados específicos en violencia de xénero e mellorar os existentes





23-11-2009.- O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) presentou esta mañá o documento «Análise dos equipamentos e recursos de atención á violencia de xénero en Galicia». A presentación forma parte dos actos organizados para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

viernes, 13 de noviembre de 2009

Primeira reunión do proceso de diálogo social en Galicia


Onte tivo lugar a primeira reunión do proceso de diálogo social en Galicia. Ao encontro, que tivo lugar na sede central da Consellaría de Traballo, en Santiago de Compostela, asistiron representantes de Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CEG, así como os directores xerais de Promoción do Emprego, Relacións Laborais e a directora xeral de Formación e Colocación.

A xuntanza concluíu co acordo de elaborar un documento que sirva como base da negociación, que incluirá unha diagnose da situación actual, determinará os obxectivos xerais do proceso —ligando co diálogo social anterior e describindo os acordos acadados—, fixará as normas de procedemento e a articulación do mesmo.

Dita articulación fase ao redor das seguintes mesas: emprego e relacións laborais, competitividade e innovación, infraestruturas e desenvolvemento sostible, políticas de benestar e cohesión social e unha mesa de coordinación, unha mesa xeral ou institucional e finalmente mesas sectoriais que xa viñan funcionando do proceso anterior.

CCOO consegue que o tempo de descanso semanal pase de 36 a 48 horas no sector da atención á dependencia


A Sala do Social da Audiencia Nacional estimou a demanda de conflito colectivo interposta pola Federación estatal de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO para que no ámbito de aplicación do V Convenio Colectivo de Atención á Dependencia se goce de maneira real e independente o descanso semanal (36 horas ininterrompidas) e o diario (12 horas).

viernes, 16 de octubre de 2009

Homenaxe a Xan María Paz

Compañeiros, compañeiras:

Como moitos e moitas de vós coñecedes, o próximo 16 de outubro, venres, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia organiza unha homenaxe ao compañeiro Xan María Castro Paz.

O acto celebrarase no Hotel Congreso, situado nas aforas de Santiago de Compostela, no quilómetro 3 da estrada da Estrada:

(http://www.hotelcongreso.com/location.spanish.html) e consistirá nun xantar homenaxe a partir das 14:30 horas.

Se queredes acompañalo e acompañarnos ese día deberedes:

Ingresar 40 euros por persoa antes do 2 de outubro no número de conta de Caixa Galicia 2091-0300-48-3040142235 indicando no concepto: Homenaxe a Xan María Castro e, o máis importante, o nome da persoa que fai o ingreso.

Ademais, e moi importante, debedes enviar unha copia do xustificante do ingreso, indicando tamén o número de móbil da persoa que o fixo ao seguinte enderezo de correo electrónico sn@galicia.ccoo.es ; por fax, ao número 981 551861 ou por correo postal ao enderezo do S.N. (rúa Miguel Ferro Caaveiro, 8, 15707 Santiago de Compostela; á atención da comisión organizadora da homenaxe a Xan María).

Podedes ampliar a información chamando ao número de teléfono 981 55 18 60.

Agradecidos de antemán,

Pola Comisión Organizadora:

Melchor Roel López Carlos Pardo Pardo

Secretario de Comunicación Secretario de Desenvolvemento Organizativo